Experiencia completa de ocio

Ademáis da instalación da superficie de xeo, Invernalia complementa a súa oferta con actividades (cursos, exhibicións…), oferta de restauración e outras actividades para aumentar o valor de cara ao usuario final.

Rendibilidade

A instalación dunha pista de xeo natural de Invernalia é unha inversión de alta rendibilidade tanto a nivel económico (6.200 tickets vendidos por pista ao mes) como no fluxo de visitantes (3.000 horas de dispoñibilidade ao mes).

Servizo chave en man

Abarcamos toda a cadea de valor do noso produto, somos fabricantes, instaladores, arrendatarios e explotadores de pistas de xeo natural a nivel nacional e internacional dende hai 20 anos. Proporcionamos contrato de enerxía eléctrica, recursos humanos e técnicos para a explotación, carpas para protección, así como servizo técnico 24 horas.

Fiabilidade

Os 20 anos de experiencia de Invernalia no sector, sumados ás máis de 65.000 persoas satisfeitas no último ano nos seus máis de 12.000 m2 de pistas de xeo instaladas ao longo de España e outros países, supoñen un aval que aporta confianza e fiabilidade aos clientes profesionais que contratan os nosos servizos (Datos tempada 2015-2016).

Flexibilidade

Ademais das pistas de tamaño estándar, Invernalia tamén ten capacidade para fabricar pistas para ubicacións singulares, totalmente feitas á medida das necesidades específicas do cliente.

Menor consumo

Invernalia desenvolveu unha tecnoloxía que permite unha reducción do consumo de electricidade das súas pistas nun 80%, o que supón que sexan máis eficientes e económicas por unidade instalada que as do resto de fabricantes.

Contacta con nosotros

Si está interesado en contratar nuestros servicios, rellene el siguiente formulario y nos pondremos en contacto con usted para proporcionarle un presupuesto adaptado a sus necesidades.

Start typing and press Enter to search